Friday 10 de May de 2024

Concluída a renovación da cuberta do pavillón de Sirves en Olveira


 

O Concello de Riveira informa da conclusión das obras de renovación da cuberta do pavillón polideportivo de Sirves, situado na parroquia de Olveira.

Operarios da empresa Marqués de Marancán, S.L. foron os encargados da realización desta obra, cuxo investimento ascendeu a 42.342 euros, IVE incluído. A actuación está cofinanciada pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, ao abeiro da orde do 18 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a creación e/ou mellora de infraestruturas, dotacións, instalación e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas aos concellos de Galicia para o ano 2019.

Conforme ao proxecto técnico elaborado polos servizos do Concello, o pavillón tiña en liñas xerais un bo estado de conservación pero rexistraba episódicos problemas de filtracións de auga de chuvia que deixaban en ocasións a pista impracticable. Por tal motivo, o Concello procedeu a renovar a cuberta realizando as actuacións seguintes:

– Desmontaxe da antiga cuberta previa instalación dos elementos de seguridade
– Montaxe dunha nova cuberta a base de panel sandwich nervado, de 30 milímetros de espesor, formado por dúas chapas de aceiro prelacado con illamento entre ambas de espuma de poliuretano ríxido.
– Remate da cuberta
– Subministro e colocación de canalón na fachada principal
– Apertura de ocos na fachada norte e colocación de fiestras.